Volver

VII Concurso Literario Letras Galegas 2026

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, colabora neste concurso organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.

Cada persoa poderá presentar só unha obra, que deberá ser un relato curto de temática libre, escrito en idioma galego, orixinal, inédito e que non fose publicado nin premiado en ningún outro certame.

O prazo de entrega será ata o 3 de maio de 2026.

Os premios serán os seguintes:

  • 1º PREMIO: 400 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 € e diploma
  • 2º PREMIO: 300 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 € e diploma
  • 3º PREMIO: 200 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 € e diploma.