Volver

Probas Celga 2, 3 e 4. Resultados definitivos

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

Resultados definitivos

Celga 2: resultados definitivos das probas do día 23 de novembro de 2025

Resolución do 27 de febreiro de 2026, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 2 realizadas o día 23 de novembro de 2025

Celga 3: resultados definitivos das probas do día 22 de novembro de 2025

Resolución do 27 de febreiro de 2026, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 3 realizadas o día 22 de novembro de 2025

Celga 4: resultados definitivos das probas dos días 15 e 16 de novembro de 2025

Resolución do 27 de febreiro de 2026, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 4 realizadas os días 15 e 16 de novembro de 2025

Resultados provisionais

Celga 2: resultados provisionais das probas do día 23 de novembro de 2025

Resolución do 12 de xaneiro de 2026, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 2 realizadas o día 23 de novembro de 2025.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 26 de xaneiro de 2026.

Celga 3: resultados provisionais das probas do día 22 de novembro de 2025

Resolución do 12 de xaneiro de 2026, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 3 realizadas o día 22 de novembro de 2025.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 26 de xaneiro de 2026.

Celga 4: resultados provisionais das probas dos días 15 e 16 de novembro de 2025

Resolución do 12 de xaneiro de 2026, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 4 realizadas os días 15 e 16 de novembro de 2025.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 26 de xaneiro de 2026.

Portas de entrada e aulas (22 e 23 de novembro)

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 3

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 1 - 6

Porta B: aulas 7 – 13

EOI de Ponferrada

Porta única

Casa de Galicia en Madrid

Porta única

CELGA 2

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta única: aulas 0 – 10

EOI de Ponferrada

Porta única

Casa de Galicia en Madrid

Porta única

Portas de entrada e aulas (15 e 16 de novembro)

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 11

Porta B: aulas 12 – 22

EOI de Ponferrada

Porta única

Casa de Galicia en Madrid

Porta única

Datas de realización das probas

Celga 4 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

Celga 3 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Celga 2 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Madrid

Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra F, agás o día 16 de novembro que se comezará pola letra R. A proba poderá prolongarse até a tarde.

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 23 de novembro de 2025

Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 22 de novembro de 2025

Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 15 e 16 de novembro de 2025

Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2025

As probas realizaranse o día 23 de novembro de 2025

Remate do prazo de presentación de emendas: 22 de outubro de 2025

Resolución do 8 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2025

As probas realizaranse o día 22 de novembro de 2025

Remate do prazo de presentación de emendas: 22 de outubro de 2025

Resolución do 8 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2025

As probas realizaranse os días 15 e 16 de novembro de 2025

Remate do prazo de presentación de emendas: 22 de outubro de 2025

Resolución do 8 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 15 de setembro ao 3 de outubro.