X Premios internacionais de pódcast Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”
Convócanse os X premios de pódcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, «O Vello dos Contos», organizado por Arraianos Producións en colaboración co IES Plurilingüe Rosalía de Castro e o IES Antón Fraguas, e que contan co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e doutras institucións e entidades.
Poderá concorrer a estes premios o alumnado de educación primaria, de educación secundaria e doutros niveis de ensino tanto de Galicia como de Portugal.
Os pódcasts poderán estar relacionados coa figura de Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos Contos", cos inicios da radio en Galicia ou con calquera aspecto da cultura galega e portuguesa en xeral, como a oralidade, a música, as tradicións, a gastronomía ou a lingua, entre outros.
Establécese un gran premio dotado con 1.500 euros ao pódcast mellor valorado entre as diferentes categorías.
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición finaliza o 13 de febreiro de 2027.
Documentos relacionados
-
Bases PDF