Concurso de vídeos de divulgación científica en galego 2026
A Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, convoca o concurso de vídeos científicos dirixido a alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional. Os vídeos terán unha duración de 1 a 5 minutos e deben abordar unha temática de carácter científico: tecnoloxía, matemáticas, ciencias da Terra, bioloxía, física, química, saúde etc. Será o alumnado, coa axuda do profesorado, o que realice un experimento coa correspondente explicación de conceptos científicos de maneira comprensible e creativa.
O prazo para presentar os vídeos remata o 16 de novembro.