O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. O Certame vai destinado a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, así como a aqueles de fóra da nosa Comunidade que teñan materias en lingua galega.
A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).
- Resolución Ligazón ao DOG
ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2025 (Código de procedemento PL500F).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
ORDE do 30 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Formato HTML