SERVIZOS
Validación de documentos oficiais
As persoas que precisen presentar en castelán documentos oficiais (títulos, diplomas, etc.) redactados en galego poden facer uso do servizo de validacións da Secretaría Xeral da Lingua, que certifica o valor desa tradución.
Requisitos
Documentación necesaria:
- solicitude de validación de documentación traducida,
- fotocopia do documento ou documentos orixinais compulsada por un organismo oficial,
- tradución literal ao castelán dese/s documento/s,
- datos do solicitante cun enderezo no que se informará da posta á disposición da documentación validada.
Presentación da documentación
Esta documentación poderá ser presentada:
- na sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365
- en calquera rexistro da Administración
Asesoramento lingüístico
Teléfono: 881 996 315 / 881 996 316 / 881 996 329 / 881 996 518
Enderezo electrónico: sxpl.asesoramentolingua@xunta.gal
-Enderezo físico
R/ San Roque, nº 2
15704 - Santiago de Compostela, (A Coruña)
15704 - Santiago de Compostela, (A Coruña)