Temos dispoñibles para consulta 447 convocatorias
Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro
16/10/2026 13:00 | Exposicións

A Fundación Rosalía de Castro, a Secretaría Xeral da Lingua e El Corte Inglés, convocan a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creación poética en lingua galega e achegarlles ás novas xeracións a figura da autora máis universal das nosas letras.

 

Convocatoria da proba do Celga 4 en liña
15/10/2026 09:45 Probas

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).

  • RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
Probas Celga 2, 3 e 4. Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas
13/10/2026 15:00 Probas

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
07/10/2026 09:00 | Exposicións

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a figura homenaxeada en 2027 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

25/09/2026 09:00 Formación

ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500E)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500E
Resolución da convocatoria de axudas 2026 para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares non universitarios
23/04/2026 09:00 Axudas

ORDE do 7 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400B).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400B
Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Resultados definitivos
01/09/2026 14:00 Probas

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
07/08/2026 11:00 Formación

ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500F)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500F
XXVI Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
30/07/2026 14:15 Premios e certames

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXVI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Resolución da convocatoria 2026 de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
22/07/2026 10:15 Axudas

ORDE do 18 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A