Obradoiro con De Vacas

Comeza: 17/10/2026 17:00

Salón de actos do Centro Cultural. Meira

Humor, retranca e nova oralidade son os ingredientes deste taller que o coñecido grupo De Vacas, que celebra en 2026 o seu décimo aniversario, desenvolverá coas agrupacións corais Canta Noia, OMM Carlos Barroso, Os d'aquí de Meira, Outeiro de Rei e Coral de Vilaxoán.

A actividade céntrase no traballo do repertorio característico da formación: letras con retranca, perspectiva de xénero, harmonización de cancións modernas e uso vivo e contemporáneo do galego, que se reforzará como ferramenta expresiva contemporánea e versátil. Durante o obradoiro, as persoas participantes experimentarán coa oralidade, xogando coa palabra, o ritmo e a intención comunicativa para transformar temas coñecidos en pezas corais cheas de frescura.

Outras actividades
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rede de Centros de Estudos Galegos