Temos dispoñibles para consulta 131 contidos
Premios do XVI Certame de Cinema Ouff Escola
28/11/2025 08:14 Premios e certames

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. O Certame vai destinado a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, así como a aqueles de fóra da nosa Comunidade que teñan materias en lingua galega.

XXI Xornada de Normalización Lingüística
07/11/2025 10:00 | Formación
XXV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
03/10/2025 14:15 Premios e certames

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

VI Premio Morales 2026
23/09/2025 10:55 Premios e certames
04/07/2025 11:15 Formación

Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2024-2025.

Proposta definitiva de resolución de subvencións a proxectos de fomento do galego en centros privados
26/06/2025 00:25 Axudas

ORDE do 11 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento PL500B).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500B
Proposta definitiva de resolución das axudas aos proxectos de fomento do galego dos centros públicos
26/06/2025 00:15 Axudas

Resolución do 11 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento PL500A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500A
Vídeos gañadores Nós tamén creamos! 2024/2025
11/06/2025 10:00 Premios e certames