FALAREDES 2017

Tic Tac Toc

A segunda proposta de FalaRedes para o ano 2017 é o concerto Tic Tac Toc, do coñecido compositor e intérprete de música infantil Pablo Díaz

Tic Tac Toc
Tic Tac Toc

A música, con todo o seu potencial para a aprendizaxe e a transmisión afectiva das linguas, non podía faltar na actividade que FalaRedes lles dedica aos máis pequenos: un concerto para nenos e nenas de 0 a 7 anos e as súas familias, onde poderán bailar, aprender e escoitar en directo as cancións do libro-disco Tic Tac Toc, de Pablo Díaz.

Quen mellor para propoñerlles aos cativos e cativas cancións para desfrutar dunha tarde en familia e para seguir cantando no coche e na casa ca este músico gañador do premio Martín Códax na categoría de música infantil polo seu segundo traballo, Toc Toc (2013), e autor, ademais, doutras propostas de éxito, como Tic Tac (2010) e Xente miúda, moita fartura (2014).

No concerto Tic Tac Toc, Pablo Díaz -acompañado de Diego Barral (guitarras) e de Álex Fente (acordeón)- ábrese ao mundo dende a lingua galega incorporando ritmos e sentires de latitudes diversas (Brasil, Cuba, Os Estados Unidos...) sen abandonar os temas que conforman o universo próximo dos nosos nenos e nenas. Poderedes desfrutar desta actividade en 19 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

 

Axenda de FalaRedes 2017. Tic tac toc

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

25 de marzo, 12:30 Teatro Principal A Estrada Pontevedra
26 de marzo, 18:00 Auditorio Municipal Narón A Coruña
1 de abril, 18:00 AuditorioVerín Ourense
2 de abril, 18:30 Auditorio Municipal Carmen EstévezVilalbaLugo
9 de abril, 18:00 Casa da Cultura de Camporrapado Boqueixón A Coruña
15 de abril, 20:00 Casa da Cultura Palas de Rei Lugo
16 de abril, 18:00 Auditorio Municipal Ilduara CelanovaCelanova Ourense
22 de abril, 19:00 Casa da Cultura Barbadás Ourense
23 de abril, 12:00 Casa da Cultura Outeiro de Rei Lugo
23 de abril, 18:00 Auditorio da Casa da Cultura Burela Lugo
29 de abril, 18:00 Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey O Grove Pontevedra
6 de maio, 12:00 Auditorio Reveriano SoutulloPonteareas Pontevedra
6 de maio, 20:00 Auditorio da Casa da CulturaOutesA Coruña
7 de maio, 18:30 Casa da Cultura Boiro A Coruña
13 de maio, 12:30 Auditorio Municipal O Carballiño Ourense
13 de maio, 19:30 Auditorio da Casa da Cultura A Cañiza Pontevedra
14 de maio, 12:00 Casa da Cultura A Laracha A Coruña
14 de maio, 18:00Aula de Cultura Xulio Cuns Betanzos A Coruña
20 de maio, 18:30 Auditorio de Galicia Santiago de Compostela A Coruña
    

Documentos relacionados