-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
FALAREDES 2021
Derriba da Lúa
Abrimos o FalaRedes cun espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. Con Derriba da Lúa queremos arrolar, contar, cantar, recitar e xogar en familia para soñar e medrar libres coma paxaros, de Candeloria a Candeloria.
Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento, que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa; a segunda quedou acesa e naceu o Sol; a terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na Terra hai un carballo. No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos...
O proxecto, que desenvolven as artistas Vero Rilo e Sonsoles Penadique, persegue tres obxectivos:
- A estimulación temperá a través da música e dos sentidos.
- A oralidade en galego desde o comezo da linguaxe.
- A transmisión de tradicións como a Candeloria e o seu refraneiro popular.
Derriba da Lúa comeza a súa andaina no FalaRedes o 28 de xullo no Museo da Cidade da Cultura de Galicia, ás 18.00 e ás 19.00 horas.
Nas vindeiras semanas fará parada en Lalín, Fene e Cangas, con dous pases por localidade.
| Axenda de FalaRedes 2021. Derriba da Lúa | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Mércores 28 de xullo, ás 18:00 horas | Cidade da Cultura | Santiago de Compostela | A Coruña |
| Mércores 28 de xullo, ás 19:00 horas | Cidade da Cultura | Santiago de Compostela | A Coruña |
| Sábado 11 de setembro, ás 18:00 horas | Sala de exposicións do Auditorio | Cangas | Pontevedra |
| Sábado 11 de setembro, ás 19:00 horas | Sala de exposicións do Auditorio | Cangas | Pontevedra |
| Domingo 19 de setembro, ás 18:00 horas | Praza do Antigo Concello | Lalín | Pontevedra |
| Domingo 19 de setembro, ás 19:00 horas | Praza do Antigo Concello | Lalín | Pontevedra |
| Sábado 2 de outubro, ás 11:30 horas | Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé | Fene | A Coruña |
| Sábado 2 de outubro, ás 12:30 horas | Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé | Fene | A Coruña |
Documentos relacionados
-
Cartel JPG