FALAREDES 2021

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego

A compañía Contraproducións trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes o monólogo narrativo-teatral Memorias dun neno labrego. A peza está baseada na novela homónima de Xosé Neira Vilas, que foi o primeiro best-seller da literatura galega e de cuxa publicación se fan neste 2021 os 60 anos. Esta é, pois, unha homenaxe ao libro que lle descubriu a literatura en galego a varias xeracións de mozos e mozas, ao seu autor e a todos os nenos labregos que foron e son. FalaRedes levará memorias dun neno labrego este outono a Gondomar, Marín, Meaño, Cee e Outes.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Memorias dun neno labrego
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Domingo 10 de outubro, ás 19:00 horas

Auditorio Lois Tobío

 Gondomar  Pontevedra
Domingo 24 de outubro, ás 19:00 horas Casa da Cultura de Dena Meaño  Pontevedra
Domingo 14 de novembro, ás 20:30 horas Auditorio Municipal Cee  A Coruña
Venres 19 de novembro, ás 20:00 horas  Salón de actos IES Illa de Tambo Marín Pontevedra
Sábado 21 de novembro, ás 20:00 horas Casa da Cultura Outes  A Coruña

 

Documentos relacionados