FALAREDES 2023

Castelao

Castelao. Detalle do cartel
Castelao. Detalle do cartel

O FalaRedes 2023 ábrese cunha peza de Culturactiva Producións para público de 6 a 10 anos e as súas familias. A autora é Paula Carballeira, a directora Fina Calleja e as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño.

Trátase dunha montaxe de ritmo trepidante arredor da figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. Para facer aínda máis atractiva a obra, os diálogos de ficción introducen elementos marabillosos combinados con elementos recoñecibles da obra de Castelao, cos que o elenco, a música e o deseño de iluminación xogan creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo. O humor, a intriga, a linguaxe accesible están presentes no espectáculo, que se dirixe aos espectadores e espectadoras desde unha posición de igualdade cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar o consumo de produtos culturais en galego, especialmente do público familiar.
  • Pola súa temática e referencias históricas, fomentar o coñecemento dunha das figuras máis relevantes da cultura galega e en galego do século XX.
  • Proporcionar unha experiencia positiva, amena e satisfactoria ligada á lingua galega a quen asiste ao espectáculo.
  • Potenciar a mirada feminina nas montaxes teatrais, tanto desde o punto de vista da dramaturxia, como da dirección e do elenco.
  • Contribuír á normalización e difusión da lingua galega nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural.

 

       Axenda de FalaRedes 2023. Castelao
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
19 de marzo, ás 12:00 h Auditorio Constante Liste Teo  A Coruña
31 de marzo, ás 20:00 h Auditorio Lauro Olmo O Barco de Valdeorras Ourense
14 de abril, ás 18:00 h Teatro Pastor Díaz Viveiro Lugo
15 de abril, ás 19:00 h Casa da Cultura Ramón Martínez López Boiro A Coruña
16 de abril, ás 18:00 h  Auditorio Carmen Estévez Vilalba Lugo
22 de abril, ás 18:00 h Auditorio Municipal  Vilagarcía de Arousa Pontevedra
28 de abril, ás 20:15 h Círculo Recreativo Cultural O Porriño Pontevedra
29 de abril, ás 18:00 h Edificio Multiusos Monforte Lugo
30 de abril, ás 19:30 h Casa da Cultura de Portosín Porto do Son

 

A Coruña

Documentos relacionados