FALAREDES 2023

Os Bolechas deportistas xogan no tempo

Os Bolechas deportistas xogan no tempo. Detalle do cartel
Os Bolechas deportistas xogan no tempo. Detalle do cartel

Chega ao FalaRedes a segunda edición de Os Bolechas deportistas para alegrarlles o verán aos nenos e nenas de 15 concellos galegos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. 

Os Bolechas deportistas xogan no tempo é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nesta nova proposta dos Bolechas deportistas combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas e animan ao uso do galego durante a súa práctica.

Axenda de FalaRedes 2023. Os Bolechas deportistas xogan no tempo
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
23 de xuño, ás 12:00 h Avenida do Malecón Ribeira A Coruña
24 de xuño, ás 20:00 h Praza de España Chantada Lugo
7 de xullo, ás 12:00 h Praza do Concello Barreiros Lugo
8 de xullo, ás 20:00 h Praza do Concello Campo Lameiro Pontevedra
9 de xullo, ás 12:00 h Praza dos Olmos Vilanova de Arousa Pontevedra
15 de xullo, ás 19:00 h Praza do Prado Castro Caldelas Ourense
16 de xullo, ás 18:00 h Carballeira de Rodiño Boqueixón A Coruña
21 de xullo, ás 11:00 h CEIP Plurilingüe Ben-Sho-Sey O Pereiro de Aguiar Ourense

21 de xullo, ás 20:00 h

Praza da rúa Lago Quiroga Lugo
25 de xullo, ás 19:30 h Campo da festa de Galegos Frades A Coruña
29 de xullo, ás 20:30 h Praza de España Mondariz Pontevedra
30 de xullo, ás 19:00 h Parque Rosalía de Castro Ares A Coruña
1 de agosto, ás 21:00 h Praza do Concello Baiona Pontevedra
4 de agosto, ás 20:00 h Praza da Constitución Bande Ourense
5 de agosto, ás 18:30 h Praza do Reloxo A Proba de Trives Ourense

Documentos relacionados