-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
Ópera Break´s
A programación de FalaRedes enche de cultura urbana o verán dos nosos concellos. Unhas xornadas baseadas na cultura urbana dirixidas á mocidade e presentadas en dous formatos diferentes; por unha banda un roteiro con 4 paradas onde terá lugar o espectáculo Ópera Break´s e, por outra banda, 4 xornadas participativas con talleres de rap, breakdance e estampación de camisetas.
Ópera Break´s é un espectáculo que mestura ópera, breakdance (novo deporte olímpico), beatbox e dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola.
A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e, sobre todo, ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela dirixida á mocidade, libre de normas, transgresora e que se cultiva a pé de rúa, moitas veces tamén ligada á loita social.
Este espectáculo singular vai dirixido a un público mozo pero tamén familiar que gozará dun show onde a expresión musical e corporal romperá as barreiras do clásico e do urbano, fusionando estilos e dando orixe a un espectáculo multidisciplinar e impredicible onde todo o inimaxinable pode chegar a suceder...
- 8 de agosto: Xornada de talleres de cultura urbana e espectáculo “Ópera Break’s” en Rianxo ás 19.00 h comezan os obradoiros de rap, estampado de camisetas e breaking; ás 21.00 h “Ópera Break’s”. Praza de Castelao
- 9 de agosto: “Ópera Beak’s” na Pobra do Caramiñal ás 21.00 h. Rúa Castelao
- 20 de agosto: Xornada de talleres de cultura urbana en Gondomar
- 27 de agosto: Espectáculo “Ópera Break’s” en Sanxenxo ás 20.00 h. Praza dos Barcos
- 29 de agosto: Xornada de talleres de cultura urbana en Barro
- 3 de setembro: Xornada de talleres de cultura urbana no Pereiro de Aguiar
- 5 de setembro: Espectáculo “Ópera Break’s” en Ribeira ás 21.00 h. Praza da Porta do Sol
Documentos relacionados
-
Cartel JPG