-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
Os Bolechas deportistas presentan Radiolímpica
O programa de dinamización lingüística no tempo do lecer FalaRedes trae os deportes á rúa no verán, cun espectáculo de monicreques dos máis queridos personaxes do público infantil e familiar, Os Bolechas.
Os Bolechas deportistas e a súa Radiolímpica é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.
Nesta nova proposta combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua galega e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas, co gallo da celebración das Olimpíadas en París. Os Bolechas deportistas anímanos a usar o galego tamén cando practicamos deporte.
Calendario
- Porto do Son. 14 de agosto ás 11 horas. Praza de España.
- Poio. 15 de agosto ás 20 h. Porto de Raxó.
- Cortegada. 16 de agosto ás 20 h. Praza de Bos Aires.
- Folgoso do Courel. 18 de agosto ás 18 horas. Praza do Concello.
- Baiona. 19 de agosto ás 20 horas. Praza do Concello.
- O Pereiro de Aguiar. 22 de agosto ás 12.00 h. Ceip Plurilingüe Ben-Cho-Shey.
- Bande. 22 de agosto ás 20 horas. Praza da Constitución.
- Vigo. 25 de agosto ás 12 horas. Museo do Mar de Galicia.
- Vilagarcía de Arousa. 25 de agosto ás 19.30 h. Praza de Galicia.
- Arzúa. 28 de agosto ás 12.00 h. Praza de Galicia.
- A Peroxa. 30 de agosto ás 12.00 h. Praza do Concello
- Ponteareas. 31 de agosto ás 19.00 h. Praza Maior.
- Mondariz. 14 de setembro ás 19.00 h. Praza de España.
- O Porriño. 15 de setembro ás 18.00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios.
- A Estrada. 6 de outubro ás 16.30 h. Novo Estadio.
- Barro. 14 de decembro ás 17.00 h. Xardíns do Pazo da Crega
Documentos relacionados
-
Cartel JPG