Temos dispoñibles para consulta 696 contidos
Radio Picariña
22/06/2018 13:05 | Programas | Publicacións

Primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio galega

Os Bolechas e o amigo Monte
11/06/2018 12:52

Os Bolechas volven este verán ao FalaRedes. Estarán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para concienciar os máis novos no respecto á natureza.

Artesa 2018
15/05/2018 13:45

 Mostra de recursos dixitais para a normalización lingüística

Antón Fraguas, do local ao universal
15/05/2018 13:35 | Publicacións
As miñas primeiras Letras Galegas
09/05/2018 09:00 | Audiovisuais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos
16/04/2018 09:00
A segunda actividade do programa FalaRedes 2018, sen deixar de servir aos obxectivos de promoción do galego que guían dende sempre este programa de dinamización lingüística, constitúe tamén unha homenaxe á autora a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno.
Enredando con Pakolas
16/04/2018 09:00
A primeira proposta de FalaRedes para o ano 2018 é o concerto que chega da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira.
Pergamiño Vindel - Martín Códax Universal
01/03/2018 14:45 | Audiovisuais

Por iniciativa das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, os centros de estudo do galego no exterior póñenlle o ramo á programación conmemorativa da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia con esta peza audiovisual na que o alumnado de galego recita as cantigas de Martín Códax na lingua en que foron escritos e mais na súa propia. É unha homenaxe ao trobador galego máis universal e ao idioma en que escribiu estes versos.

App DezaTaboleiro
16/01/2018 15:35 | Aplicación móbil
Nadal + galego
05/12/2017 10:29 | Audiovisuais

O Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzan un vídeo para animar a consumir produtos etiquetados en galego durante as próximas festas de Nadal.