Charla-concerto de Luar na Lubre en Londres

A nova xira europea do grupo inclúe un evento musical no IE Cañada Blanch.

Luar na Lubre
Luar na Lubre
Imaxes da visita de Luar na Lubre ao Cañada Blanch de Londres
Imaxes da visita de Luar na Lubre ao Cañada Blanch de Londres
Imaxes da visita de Luar na Lubre ao Cañada Blanch de Londres
Imaxes da visita de Luar na Lubre ao Cañada Blanch de Londres

O próximo luns 29 de xaneiro o Instituto Vicente Cañada Blanch en Londres recibirá a visita de Luar na Lubre.

O evento, a partir das 12:00 horas, forma parte da xira "Camiño do Norte", que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Lugar: IE Cañada Blanch, en Londres

 


Día: 29 de xaneiro
Hora: 12:00 horas

VÍDEOS

Durante a visita de Luar na Lubre ao Cañada Blanch de Londres, Bieito Romero falou de lendas, das conexións dos países atlánticos e da xénese da música celta en Galicia. A carón doutro membro de Luar na Lubre, Patxi Bermúdez, e dun dos galegos de Londres, o gaiteiro David Carril, interpretaron varias pezas da música tradicional galega:

O grupo foi recibido con esta interpretación de 'O son do ar' por parte do alumnado de galego:

Tamén durante a visita ao Cañada Blanch, Lucía Luque, alumna de galego de 4ºESO, canta "Chove en Santiago":