Proxección do filme Costa da Morte, de Lois Patiño

O 15 de febreiro de 2018, ás 17:15 horas, no Main Hall - Taylor Institution

A proxección de Costa da Morte, de Lois Patiño, será en galego, lingua orixinal do filme, con subtítulos en inglés. Enmárcase no Ciclo de Cinema Galego en Oxford que dende decembro ata abril desenvolven o Centro de Estudos Galegos John Rutherford e o Galician Film Forum de Londres. Neste ciclo xa foron proxectados un filme de animación (O Apóstolo, de Fernando Cortizo) e outro de ficción (Os fenómenos, de Alfonso Zarauza).

Costa da Morte, de Lois Patiño
Costa da Morte, de Lois Patiño

O filme escollido para este mes de febreiro representa as novas narrativas. En marzo haberá unha xornada dedicada ás curtametraxes e en abril poderá verse o documental Os días afogados, de César Souto e Luís Avilés.

Documentos relacionados

  • Costa da Morte - Póster PDF

  • Máis información PDF