Proxección do documental "Sitio Distinto" na UPV

Venres 20 de abril de 2018 ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Letras da UPV.

Sitio distinto
Sitio distinto

O Lectorado de Galego da UPV (Vitoria-Gasteiz) participa no Ciclo de cinema organizado anualmente por estas datas polos lectorados da institución. Por parte do Lectorado de Galego, nesta edición proxectarase o documental "Sitio Distinto". Contarán coa presenza do director Davide Cabaleiro, quen participará nun coloquio arredor deste filme sobre a relación entre Galicia e Euskadi.

O documental poderase ver dentro do Ciclo de Cine "Un mundo muchas miradas/ Mundu Bat-Begirada Anitz" que cada ano organiza o conxunto de lectorados da Universidade do País Vasco. Ao remate da proxección haberá unha conversa co director e, por último, vanse degustar produtos gastronómicos típicos de cada unha das culturas representadas nas xornadas.

Data: Venres 20 de abril de 2018 ás 11:00 no Salón de Graos da Facultade de Letras.