Mock-Konferenz en galego
Grazas ao Centro de Estudos Galegos de Lepizig, por primeira vez haberá tradución ao galego das Conferencias Mock da Universidade da dita localidade alemá.
Será na Conferencia Mock do Semestre de Inverno 2019/20, dedicada ao 80º aniversario do profesor doutor Eberhard Fleischmann, onde as intérpretes Maryia Kirova e Marilena Opferkuch, que cursaron diferentes materias de galego na Universidade de Leipzig, estrearán a cabina de interpretación ao galego. O galego súmase así aos outros idiomas (español, catalán, alemán, ruso, árabe, francés...) para os que había tradución nas Mock-Konferenz.
Documentos relacionados
-
Cartel PNG