"Editamos en galego?", faladoiro no ciclo Como soa na miña lingua?
Co fin de informar sobre a situación da lingua galega no mundo editorial, organizaranse no Centro de Estudos Galegos da Universidade Sorbonne Nouvelle-París 3 varias conferencias, faladoiros e obradoiros que versarán sobre o tema. A primeira actividade que se realizará será un faladoiro que leva por título: Editamos en galego? .
Este faladoiro estará dirixido por Estela Villa Nogueira, tradutora da editorial galega Rinoceronte (Cangas) e secretaria da ATG (Asociación de tradutores galegos).
Esta actividade é gratuíta e está destinada a todas aquelas persoas que estean interesadas no panorama editorial de Galicia, vinculadas ou non coa Universidade Sorbonne Nouvelle.
Data: Xoves 28 de novembro
Hora: 15:45 h
Lugar:Centro de Estudos Galegos da Universidade Sorbonne Nouvelle-París 3. 13, rue Santeuil, 75005. Aula 436