6ª Semana de Convergências Portugal – Galiza
No mes en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro celébrase a sexta edición da Semana de Convergências Portugal-Galiza que impulsan o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui e a Câmara Municipal de Braga, entre outras entidades, co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra.
Desde a súa cuarta edición, as actividades da semana cultural Convergências Portugal-Galiza celebraranse, ademais de na cidade portuguesa de Braga, en Padrón e en Santiago de Compostela.
Datas: 23/02/2020 a 1/03/2020
Lugares: Santiago de Compostela, Padrón, Ponteareas e Braga (Portugal)
Documentos relacionados
-
Programa JPG