Día de Rosalía de Castro na UB
O Centro de Estudos Galegos da Universitat de Barcelona recibe alumnado do Col·legi San Marc de Sarriá para unha actividade de celebración do Día de Rosalía de Castro que incluirá o recitado de poemas da autora.
O alumnado virá acompañado de dous docentes que estiveron traballando con el na tradución de poemas da escritora galega ao catalán. Serán recibidos pola oficina de protocolo da Universitat de Barcelona, que lles fará unha visita guiada aos espazos nobres do edificio histórico antes da celebración rosaliana propiamente dita coas profesoras Helena González e María Xesús Lama.
Os estudantes finalizarán as súas actividades cunha visita á exposición sobre Valle Inclán do Consello da Cultura Galega que se exhibe no Claustro de Letras.
Data e hora: 21 de febreiro ás 12:00 h
Lugar: Aula 0.3, edificio Josep Camer. Universitat de Barcelona
Documentos relacionados
-
Cartel PDF