A recuperación 3D do patrimonio histórico galego

Conferencia organizada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca.

Anxo Miján, responsable de Trasancos3D, traballa como deseñador gráfico e modelador 3D. Coñecido pola súa recreación dixital da catedral románica de Santiago de Compostela no século XIII en SketchUp, unha ferramenta de modelado 3D. Realizou esta reconstrución cunha calidade e perfección que puxo de acordo tanto a historiadores como a profesionais do modelado dixital. A súa especialidade e experiencia profesional é a reconstrución histórica de xacementos e elementos arqueolóxicos de todo tipo, polo que levou a cabo recreacións de múltiples monumentos históricos galegos e tamén contribuíu á súa recreación no videoxogo dispoñible en galego The Waylanders. A súa intervención levará por título ‘A recuperación 3D do patrimonio histórico galego’.

Data e hora: Luns, 3 de maio, de 9 a 11:00 h.

Espazo: Ligazón á videochamada en Google Meet

https://meet.google.com/wwy-gwna-kwx

Documentos relacionados