A narrativa de Carballo Calero

A conferencia versará sobre a obra narrativa do escritor Ricardo Carballo Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020. O encargado de impartir a actividade será o doutor José Ángel García López.

A actividade está organizada polo Centro de Estudos Galegos de Alacante. Non é necesaria a inscrición previa por se tratar dunha actividade impartida en liña, razón pola cal tampouco se establece un límite respecto do número de asistentes. A actividade é gratuíta para os asistentes.

Data e hora: Luns, 18 de outubro. 15:00 horas.

Lugar: Aula Virtual (UACloud)

Persoa de contacto: José Ángel García López.  Garcia.Lopez@ua.es

Documentos relacionados