800 anys d'Alfons X: quatre poetes actuals en diàleg

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona.

Dentro do Simpòsium "Alfons X i la música", organizado polo Arxiu Occità da Universitat Autònoma de Barcelona en sede da Universitat de Barcelona, terá lugar un recital poético onde catro poetas actuais (Pol Guasch e Chantal Poch, en lingua catalá, e Regina Touceda e Antón Blanco, en lingua galega) dialogarán cos textos poéticos do rei trobador.

O encontro está organizado pola área de Estudis Gallecs i Portuguesos da UB e enmárcase no ciclo permanente Non só Rosalía de Castro.

Día: 23 de novembro

Hora: 19:30h

Lugar: Sala de Professors do Edifici Josep Carner da Facultat de Filologia i Comunicació da Universitat de Barcelona.

Documentos relacionados