Amaro Navegante 2022
"Santo Amaro navegante! 111 anos depois os búzios galegos voltarão soar em Lisboa!". A comunidade galega de Lisboa celebra a festa de Santo Amaro na capela dedicada a este.
O sábado 15 de xaneiro, 111 anos despois os búzios galegos volven soar en Lisboa. A celebración é especialmente evocadora porque Amaro é un santo que non existe (non aparece non santoral católico). Mais como a devoción era tanta, identificouse co nome que máis se lle asemellaba foneticamente, San Mauro.
Amaro foi navegante, o santo que –como o irlandés Brandán- atopou a illa do Paraíso. Así aparece no “conto de Amaro”, un texto portugués do século XIV. E na lenda que Uxío Carré recolleu na freguesía de Figueiroa (Abegondo) e publicou en 1925 no nº 19 da Revista Nós. A presenza de Amaro agroma por todas partes. Tamén deixou pegada na cidade de Ulises, Lisboa, porta de todos os camiños do mar. E ser alí alpendre de galegas e galegos, pobo da ribeira que tanto sabe honrar eses camiños.
Documentos relacionados
-
Cartel PNG