Evento Día de Rosalía das Universidades de Leipzig, Complutense de Madrid, Oxford e Sorbonne Nouvelle

Actividade conxunta dos lectorados a través de internet.

O próximo día 23 de febreiro os lectorados da Universidade de Leipzig, a Complutense de Madrid, a Universidade de Oxford e a Sorbonne Nouvelle xúntanse para a realización dun evento para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro.

O evento constará de:

1. Presentación da figura de Rosalía de Castro.

2. Presentación dun vídeo dunha lectura multilingüe dalgúns dos poemas máis populares da poeta galega, realizado en colaboración co alumnado de galego das diferentes universidades.

3. Charla sobre os poemas cos asistentes e invitación á creación dun faladoiro virtual entre o alumnado das universidades participantes.

O evento poderá seguirse na seguinte ligazón: https://meet.uni-leipzig.de/b/gon-3ep-mhs-gbb

Documentos relacionados