Rosalía de Castro e a idea do tempo: progreso vs. eterno retorno

Actividade organizada polo CEG da Universidade do Algarve.

A conferencia, a cargo da profesora María Xesús Lama López, realizarase a través do Zoom. Terá lugar o 25 de marzo ás 15:00 h en Lisboa (16:00, hora galega). Esta palestra forma parte do ciclo de conferencias Folerpas literarias: Palabras tecidas en feminino, onde distintos especialistas da área da literatura presentan a obra/un aspecto da obra dunha autora significativa.

O CEG inaugurou este ciclo en maio do 2021 coa palestra "Sen flor e con parche: un percorrido dende Lieders" (Laura Calvo Gens) e pretende darlle continuidade ao longo dos anos.

Documentos relacionados