Xogo de escape: A lenda perdida do Museo de Galicia

Neste xogo de escape en liña, os xogadores terán que localizar as coordenadas dun obxecto roubado no ficticio Museo de Galicia: unha gravadora que contén o único testemuño existente dunha lenda galega.

Na ligazón que se publicará o 18 de maio, invítase a acceder ao Museo de Galicia e percorrer as súas salas resolvendo enigmas ata chegar á de control e localizar a peza. As salas do Museo de Galicia están baseadas nas das institucións culturais galegas que colaboraron, co obxectivo de divulgar a súa colección e o seu traballo.

O xogo foi deseñado desde o lectorado do Centro de Estudos Galegos de París, coa colaboración dos seguintes museos: Museo do Castro de Viladonga, Museo de Belas Artes da Coruña e Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, xestionada pola Real Academia Galega.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas