Libre coma os paxaros

Teatro do Atlántico nos escenarios, na Universidade de Barcelona. O día 28 de outubro, ás 19:00 horas na Facultade de Xeografía e Historia.

Libre coma os paxaros é unha peza teatral para público adulto e adolescentes de máis de 14 anos en que a figura protagonista é Rosalía de Castro, quen, interpretada por María Barcala, se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.