Emocionario e Consellos para alimentarse ben
Centro: CEIP Vilarmide, Muxía (A Coruña)
Curso: 2016 - 2017
Curso: 2016 - 2017
O Equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG organizou a actividade do xeito seguinte: cada curso elixiu unha serie de letras e cada neno ou nena buscou unha emoción que comezase polas letras escollidas. Logo de completar unha ficha, xuntáronse todas e deron como resultado este minidicionario das emocións. Aquí atoparedes unha mostra.
Tamén nos ofrecen algúns consellos para mellorar a alimentación do alumnado e previr a obesidade infantil.