A incubadora de Lois e compañía
Centro: CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, Oroso (A Coruña)
Curso: 2022-2023
Curso: 2022-2023
Nestes vídeos poderedes coñecer o proceso de incubación dunha ducia de pitiños. Logo de que Lois e seu pai construísen e montasen na aula unha incubadora , o rapaz explicou as distintas fases do proceso. Velaquí os vídeos nos que se presentan distintas fases do proceso, editados e montados polo alumnado.