XIX Xornada de Normalización Lingüística
A XIX Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados.
Realizarase o día 24 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, vaise analizar a figura de Luísa Villalta, elixida pola RAG para renderlle homenaxe nas Letras Galegas a partir do mes de xaneiro.
Para participar, cómpre cubrir o formulario correspondente.
Documentos relacionados
-
Programa PDF