Educamos contra os micromachismos na escola
Centro: CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, Ribadeo (Lugo)
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
Na semana do 25N, os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz de Ribadeo deseñaron un vídeo no que amosan as súas mensaxes e nos fan reflexionar sobre os micromachismos na escola, e ademais compuxeron un fermoso mural coas súas mans debuxadas nel. Deste xeito tan orixinal conmemoraron o Día contra a Violencia de Xénero.