Un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.
María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar. Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.
| Axenda de FalaRedes 2022. Picadiscos Marifaltri | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| 26 de xuño. Ás 19:00 h | Praza do Mercado | A Estrada | Pontevedra |
| 7 de xullo. Ás 20: 30 h | Parque da Panadeira | Sanxenxo | Pontevedra |
| 21 de xullo. Ás 20:00 h | A Chousa (Combarro) | Poio | Pontevedra |
| 30 de xullo. Ás 18:00 h | Piscina municipal | Trazo | A Coruña |
| 17 de agosto. Ás 19:00 h | Piscina municipal | Bande | Ourense |
| 19 de agosto. Ás 18:00 h | Praia Fluvial da Pobra de San Xiao | Láncara | Lugo |
| 20 de agosto. Ás 17:00 h | Carballeira do parque Venezuela | Forcarei | Pontevedra |
| 28 de agosto. Ás 19:00 h | Adro da parroquia de Cela | Bueu | Pontevedra |
| 11 de setembro. Ás 12:00 h | Carballeira de Ribadumia | Ribadumia | Pontevedra |
| 22 de outubro. Ás 18:00 h | Mercado de abastos | Meis | Pontevedra |
Documentos relacionados
-
Cartel PNG