Homenaxe do IES Lucus Augusti e antigos alumnos ao profesor Xesús Alonso Montero

Textos e adhesións ao evento realizado en abril de 2024 pola comunidade educativa do centro onde foi docente.

O venres 19 de abril de 2024, a comunidade educativa do IES Lucus Augusti rendeulle homenaxe a Xesús Alonso Montero, quen foi docente neste centro educativo entre os anos 1960 e 1976.

Esta publicación recolle os textos dalgunhas das persoas, antigos alumnos, profesorado do centro e escritores e xornalistas, que falaron ou enviaron textos para este acto de homenaxe: Perfecto Conde, Manuel Celso Matalobos, Antonio Prado Gómez, Fernando Ónega, Xulio López Valcárcel, Manuel Calvo López, Pedro Figueroa Dorrego, Paco Martín, José de Cora, Antón Grande, Claudio Rodríguez Fer, Manuel Muñiz, Clemente López Orozco, Felipe Arias Vilas, Xesús Rábade Paredes, Mero Iglesias, Alexandre Veiga, Ángel Basanta, Paco Rivas, Francisco López Franco "Chesqui", Fernando Arribas Arias, Chus Lama, Ana Vila. Tamén se recollen as adhesións de diversos persoeiros da cultura galega que quixeron expresar a súa admiración por Xesús Alonso Montero.

Documentos relacionados