Volver

Novos manuais de linguaxe xurídica e administrativa

Novos manuais de linguaxe xurídica e administrativa

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición da cidadanía novos materiais para a formación en linguaxe xurídica e administrativa que poderán tanto servir de apoio ao alumnado dos cursos de linguaxes de especialidade, como para a guía e autoformación de todas as persoas interesadas. O obxectivo último destes materiais é mellorar a calidade dos textos orais e escritos que emanan da Administración.
  • Novos manuais de linguaxes xurídica e administrativa

    Novos manuais de linguaxes xurídica e administrativa

Estes manuais de linguaxe administrativa e xurídica, que se distribúen a través de internet para facilitar o acceso a eles, están elaborados a partir dos contidos extraídos dos cursos medio e superior de linguaxes específicas ofrecidos pola Xunta de Galicia para a formación dos empregados públicos. A súa programación curricular vén determinada pola Orde do 13 xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121 do 24.06.2011).

A colección está composta polos seguintes manuais:

Os manuais de linguaxe, que combinan contidos teóricos e exercicios, abordan de forma práctica e sinxela os principais parámetros que cómpre ter en conta para producir textos de calidade na administración. As unidades didácticas que os compoñen están orientadas a afondar na mellora das competencias gramatical, léxica, de redacción e estilo e de comunicación oral.

Amais das consideracións centradas na mellora da calidade textual, neste material tamén se integran contidos de contorno sociolingüístico co fin principal de seguir asentando o valor do idioma propio como lingua vehicular da administración galega. Os manuais recollen na parte final unha práctica guía de recursos e un glosario de termos administrativos e xurídicos.