O Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza este encontro dixital a través da plataforma Zoom que será retransmitido por Facebook e Youtube Live. Con el convídase a artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración do Dia das Letras Galegas.
Olga é a revista de poesía galega en Madrid que impulsa o Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense.
Exposición sobre Ricardo Carvalho Calero organizada polo Concello de Ferrol.
Xunto á nova aplicación Galicia Nomeada, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega publican a actualización da páxina de Toponimia de Galicia co obxectivo de ser a fonte de referencia da toponimia de Galicia para as persoas investigadoras e tamén para a poboación en xeral. De aí a importante compoñente divulgadora que, de inicio a fin, percorre a páxina web.
A plataforma Galicia Nomeada, cuxa versión de escritorio xa é accesible e que proximamente estará dispoñible para móbiles Android e iOS, permite a colaboración da cidadanía na recolleita da nosa microtoponimia,a introdución nunha base de datos, a xeorreferenciación e a difusión a través dun visor de topónimos que formará parte do novo portal da Toponimia de Galicia.
Nova versión do Corpus Documental do Galego Actual, unha ferramenta en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH)
Velaquí 12 vídeos creados por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Son anacos de conversas con Antonio Fraguas gravadas poucos meses antes do seu pasamento polo director de cinema Xan Leira.
Proxecto-homenaxe a Antonio Fraguas impulsado polo Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.