No marco da programación institucional Letras Galegas 2019, a Xunta de Galicia presenta o proxecto expositivo itinerante Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma. Esta mostra fará parada, desde abril ata decembro, en doce localidades galegas: Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e, da man da Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro.
Será o 9 e 10 de novembro, na Universidade do Algarve. Recepción de traballos deica o 31 de xullo.
Por iniciativa das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, os centros de estudo do galego no exterior póñenlle o ramo á programación conmemorativa da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia con esta peza audiovisual na que o alumnado de galego recita as cantigas de Martín Códax na lingua en que foron escritos e mais na súa propia. É unha homenaxe ao trobador galego máis universal e ao idioma en que escribiu estes versos.
O Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzan un vídeo para animar a consumir produtos etiquetados en galego durante as próximas festas de Nadal.
Dicionario latín-galego para móbiles con máis de 30.000 entradas elaborado polos profesores Raúl Gómez Pato e José Carracedo Fraga. Polo de agora, está dispoñible para calquera dispositivo con sistema Android, mais os seus creadores están traballando xa nunha versión compatible con iOS.