Para a valoración de méritos, naqueles casos en que proceda, e para o acceso á función pública galega, así como naqueles procedementos en que se exixa o coñecemento da lingua galega (agás para a obtención do Celga 5), terá a mesma validez posuír as certificacións de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación e perfeccionamento ca posuír as certificacións de aptitude dos Celga 1, Celga 3 e Celga 4, respectivamente.
Nas bases das convocatorias de oposicións e/ou concursos de méritos estableceranse os niveis de lingua exixidos como requisito e/ou como mérito.
A continuación preséntase, clasificada por niveis, a casuística de validacións recollidas na Orde do 10 de febrerio de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos níveis de coñecemento da língua galega (Celga):
Validación de estudios
-Dirección física
15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Normativas relacionadas
- Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega (Celga), (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo de 2007)
- Corrección de erros da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega (Celga), (publicada no DOG núm. 178, do 13 de setembro de 2007).
- Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).
- Instrución para a aplicación da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
- Instrución para a aplicación da Orde do 10 de febreiro de 2014 en relación coa validación de estudos polos certificados Celga e coa exención da materia de lingua galega a partir das ensinanzas de FP básica e do PMAR establecidas pola LOMCE