Obradoiro literario Letras Galegas 2026

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Granada

Comeza: 20/04/2026 15:30

Remata: 17/04/2026 12:02

Aula 20A da Facultade de Filosofía e Letras. Universidade de Granada.

Este obradoiro, impartido por Lara Fernández Martínez, lectora da Universidade de Estremadura, terá unha introdución sobre a figura e obra de Begoña Caamaño e as dúas obras narrativas que leu xa o alumnado (Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do Azul). Posteriormente, traballarase coa narrativa interactiva empregando a plataforma Twine, xerando novos "camiños" narrativos para as obras da autora traballadas na aula.

Documentos relacionados

Obradoiro
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rede de Centros de Estudos Galegos