As mil e unha

Comeza: 07/05/2026 | 18:00

Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12).Inscrición: http://apego.gal/tag/espazo-apego-santiago | Santiago de Compostela | A Coruña

FalaRedes non podía faltar en 2026 á súa cita coas Letras Galegas. Como primeira actividade deste ano, propón unha peza infantil e familiar que permita achegarlle á xente miúda da casa a obra da figura homenaxeada: Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e mais na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.

Espectáculo Contacontos/Narración oral Secretaría Xeral da Lingua