Temos dispoñibles para consulta 442 convocatorias
Cultura Galega e Emigración: a Galeguidade na Diáspora
10/03/2021 12:15 Formación

A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (Fundehsga), coa colaboración da Universidade Internacional LiberQuaré e o apoio das secretarías xerais de Emigración e de Política Lingüística, está a desenvolver un completo programa de cursos académicos nun eido de interese certo para Galicia e a proxección da súa cultura no exterior.

01/03/2021 10:25 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador resolven a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego​

VI Concurso Balbino de Relatos
12/02/2021 09:05 Premios e certames
PRAZO: 30 de xuño de 2021
 Nós tamén creamos! 2019/2020 - curtametraxes premiadas
26/01/2021 08:30 Premios e certames

Resolución da IX edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
18/01/2021 09:35 Premios e certames

Co motivo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o III PREMIO FINA CASALDERREY de Literatura Infantil pola igualdade

PRAZO: O prazo de presentación de propostas finalizará o día 8 de marzo de 2021.
14/01/2021 12:10 Formación
Congreso Ucronías, utopías, distopías
12/01/2021 11:45 Formación

A Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Centro de Estudos Galegos de Varsovia, xunto con outras entidades, organizan este congreso virtual arredor dos pasados alternativos, presentes paralelos e futuros imaxinarios que conforman xéneros narrativos puxantes nos comezos do século XXI.

PRAZO: O prazo para a presentación de comunicacións finalizará o 15 de marzo de 2021
Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
12/01/2021 10:15 Premios e certames

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.

PRAZO: O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 25 de febreiro de 2021.
Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021
10/12/2020 13:00 Axudas

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo pola que se acorda darlles publicidade ás bases para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de configurar un fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico denominado Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e se anuncia a apertura do prazo para que as persoas físicas e xurídicas do sector cultural interesadas poidan presentar as súas iniciativas.