O Día das Letras de 2006 estivo dedicado a Manuel Lugrís Freire a quen Antón Villar Ponte cualificou a Manuel Lugrís como o "benxamín dos Precursores" e, certamente, un dos seus trazos máis definidores foi o de servir de ponte entre os dirixentes máis veteranos do rexionalismo e as máis novas xeracións do nacionalismo que se habían de convocar ao redor do Seminario de Estudos Galegos.
A produción literaria de Varela no exilio non chegou nos máis dos casos a Galicia. Deste xeito, o poeta adscrito á Xeración de 1936, non viu recoñecido en vida o seu labor, o que o levaría a pasar os seus últimos anos en Madrid.
Etnógrafo e historiador, Xaquín Lorenzo Xocas desenvolveu numerosos estudos que contrubuíron á recuperación do folclore e a prehistoria de Galicia. O seu traballo foi recoñecido con galardóns como o Premio Otero Pedrayo -1982- e a Medalla Castelao -1984-.
A poesía de Avilés de Taramancos plasmou toda a exuberancia da natureza tropical. O autor deixounos, asemade, unha das reinterpretacións máis salientables do mito de Ulises, co que chegaría a identificarse na súa última obra.
A figura de Sarmiento destaca pola súa constante defensa da nosa lingua. Debémoslle asemade a primeira noticia documentada da literatura medieval e as primeiras pesquisas sobre o nacemento do galego.
O lexicógrafo Eladio Rodríguez González, ten un espazo reservado na historia das nosas letras por ser o autor do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano. Virán moitos outros traballos posteriores que o superen, pero xa ningún terá o mérito de ser o primeiro gran diccionario da lingua galega.
Manuel Murguía foi o máis salientable representante do galeguismo e da historiografía galega no século XIX. O seu labor resultou fundamental para a creación dunha cultura nacional en Galicia.
Roberto Blanco Torres, poeta e xornalista, incorporou á súa obra as correntes vangardistas. Asasinado en 1936 por unha gavela falanxista, desennvolveu un importante labor en medios de corte agrarista, anticaciquil e galeguista.
Estes tres poetas representan a extraordinaria eclosión de creatividade que estourou en Galicia, e en galego, no período trobadoresco.
Considerado un dos grandes contemporáneos do relato curto, harmonizou nas súas obras a narrativa popular co pouso culto que lle deparara a lectura de autores como Poe ou Dieste.