-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
A Rede de Dinamización Lingüística, un ano máis, quere celebrar o Nadal en galego coa súa programación propia de actividades nos concellos. Cinco novas propostas dinamizadoras ás que cómpre sumarrecursos para agasallar, para celebrar e para festexar estas datas en galego: as xa coñecidas postais electrónicas con lemas na nosa lingua, a carta aos Reis Magos, os discursos do Libro dos Reis para ler nas cabalgatas e, como novidade, a guía de agasallos Un Nadal mozo e en galego, que revisa os galanos máis orixinais en lingua galega pensados para a mocidade.
Xa está en marcha a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Por terceiro ano consecutivo, propoñemos actividades para os nenos e os non tan nenos coas que encher o tempo de ocio en galego e coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia.
Velaquí as seis propostas que, con case 200 sesións repartidas polos concellos das catro provincias pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, percorrerán Galicia este 2014.
Para que poidades seguir gozando da creatividade dos nenos e nenas galegos, velaquí os traballos premiados nas pasadas edicións do concurso.
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL), na súa programación anual para o pasado ano 2014, preveu a realización dos obradoiros de radio e do concurso paralelo O galego na onda.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha por segunda vez o programa de dinamización lingüística FalaRedes, con actividades para os máis novos da casa que se desenvolverán en concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Deste xeito, complementa as iniciativas de promoción do galego que contén a propia planificación da RDL para o ano 2013 e que inclúe actividades para a promoción do galego entre a mocidade, no ámbito do deporte ou durante as festas do Nadal, entre outras.
Ides ter un bebé? Parabéns! Na Secretaría Xeral de Política Lingüística queremos felicitarvos e acompañarvos neste tempo de espera que se vive con intensidade, meses de ilusión e tamén de preparación para a acollida da criatura que vai vir ao mundo.
Un ano máis, coa chegada do outono, veñen tamén os Encontros dos Axóuxeres para os máis novos da casa. Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos.
Desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.
Deu comezo FalaRedes, o novo programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística. FalaRedes levarase adiante en 100 localidades en que se radican outras tantas entidades pertencentes á RDL. Consta de 250 sesións.
Iniciativa enmarcada na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) do ano 2013. Danlle apoio económico tres entidades pertencentes á Rede: a Xunta de Galicia –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación- e mais as deputacións provinciais da Coruña e de Ourense.