Volver

VII Carreira Camiño das Letras

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.

A proba, que se celebrará o luns 17 de maio de 2021 no marco da programación institucional das Letras Galegas, constará dunha proba absoluta das categorías máster, sénior, sub23 e sub20 que sairá a partir das 10.00 horas desde as proximidades do Pico Sacro e seguirá un circuíto de 15 km, ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.

Todas as persoas participantes que se inscriban na proba recibirán no momento da recollida do dorsal, e como agasallo da organización, un libro e mais o diploma Camiño das Letras.