Programas e entrevistas dirixidos e presentados por Begoña Caamaño na Radio Galega

Recurso da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia que se pon a disposición dos centros educativos e da cidadanía en xeral para divulgar a figura de Begoña Caamaño e favorecer a celebración das Letras Galegas.

AGalegaAudio.gal incorpora ao seu catálogo unha selección de programas radiofónicos dirixidos e presentados pola propia Begoña Caamaño na Radio Galega: ‘Club Cultura’, ‘Andando a terra’ e ‘Expresso de media noite’. Constitúen unha mostra destacada da súa traxectoria no xornalismo cultural e do seu firme compromiso coa lingua e coa cultura galegas.

A publicación de materiais realízase de maneira progresiva ao longo de varias semanas ata o 17 de maio, data central da conmemoración. Incorpóranse tamén intervencións da autora en diferentes formatos radiofónicos, especialmente aquelas relacionadas coa presentación das súas obras ‘Circe ou o pracer do azul’ e ‘Morgana en Esmelle’, contribuíndo así á difusión do seu legado literario e xornalístico.

Ligazóns relacionadas