Sección especial dedicada a Begoña Caamaño con contidos do arquivo audiovisual da TVG

Recurso da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia que se pon a disposición dos centros educativos e da cidadanía en xeral para divulgar a figura de Begoña Caamaño e favorecer a celebración das Letras Galegas.

AGalega.gal estrea unha sección especial dedicada á autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026. Este espazo reúne contidos do arquivo audiovisual da TVG, xunto con información actualizada sobre a celebración das Letras Galegas deste 2026. A sección inclúe entrevistas en que a propia Caamaño reflexiona sobre a súa obra e a súa vida, así como información sobre os premios que recibiu, as homenaxes posteriores ao seu pasamento, a súa elección como figura das Letras Galegas 2026 e un perfil biográfico.

A sección inclúe un apartado de actualidade que recolle eventos, publicacións e propostas vinculadas á súa figura, ampliándose progresivamente para ofrecer unha visión completa e actualizada da súa proxección cultural.

Ligazóns relacionadas